Letras Galegas 2022

Letras Galegas 2022

Florencio Delgado Gurriarán, Corgomófilo 

Bo día FinkyFanáticos!


Como sabedes, atopámonos na Semana das Letras Galegas: Neste ano 2022 este día adícase e conmemórase a Florencio Delgado Gurriarán.


Para afondar na vida e bibliografía do autor, dende as aulas traballamos un dos seus poemas, nada máis e nada menos que transformándoo en canción!!! Para poder signar e coñecer as diferentes verbas, o texto foi transformado cos pictogramas de AraSaac:


Doutra banda, personalizamos unhas camisetas tope chulis coas verbas que máis nos gustaban das estrofas antes cantadas e traballadas: ATENTAS FAMILIAS!! Esta semana irán para casa tras a celebración, ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!
  



Tamén participamos nun concurso relacionado coa nosa Finky Radio, cun podcast que podedes escoitar no seguinte vídeo. Trátase dun faladoiro no que a rapazada comenta detalles que aprenderon na escola sobre a vida e obra de Florencio D. Gurriarán.


A ver se distinguides as diferentes auliñas e ao seu alumnado, tanto en dito vídeo coma nas seguintes fotos.



 












Bueno, que nos decides? Acabades de alucinar coa nosa creatividade, verdade? 

Vémonos na próxima!!! Mantédevos nas Ondas!


Comentarios