Bo día amiguiños e amiguiñas
Os nenos e nenas da aula de Baldráns estiveron traballando neste fermoso conto titulado " Rosa Caramelo".
Vos imaxinades un mundo de elefantes no que as elefantiñas teñen que comer flores sen parar para poder ter a pel de cor rosa mentres os elefantes xogan? Esta é a historia de Margarita, unha elefanta que non era de cor rosa coma o resto, e que se vai rebelar!
Despois de ler o conto, falamos sobre él e cada un/unha pintou con témperas unha elefanta coas súas cores favoritas!
Ata pronto!
Comentarios
Publicar un comentario