Bo día amiguiños e amiguiñas!
A semana do 19 ao 23 de abril celebramos no CRA Mestra Clara Torres a SEMANA DO LIBRO e os nenos e nenas fixeron unha chea de cousas na clase. Acompáñasme a descubrilo?
Na aula de Ribadelouro fixeron un conto no que os protagonistas son os nenos e nenas da clase.
Ademáis, inventaron unha morea de contos cuns paneis e cunhas tarxetiñas nas que saen personaxes, lugares e obxectos para poder deixar voar a súa imaxinación.
En Areas fixeron
un marcapáxinas, trouxeron o seu conto favorito ao cole e fixeron un traballiño
con él. Guauu!
En Guillarei os
nenos e nenas debuxaron as portadas dos seus contos favoritos e as familias
contáronnos algún conto J
En Pexegueiro fixeron
puzzles dos nenos e nenas cos seus contos favoritos e nos contaron unhas
fermosas historias dunha maneira moi orixinalJ
En Baldráns fixeron un mural cos seus contos favoritos e na clase contaron moitos contos! J
En Caldelas contaron contos, fixeron unha obra de teatro, puzzles de portadas de contos e ata o concurso de Pasapalabra sobre contos!
Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!
Comentarios
Publicar un comentario