Ola a todas e todos!!
Hoxe veño a falarvos do conto "Rosa Caramelo" de Adela Turín, co que estivemos traballando nas últimas semanas.
Conta a historia da elefantiña Margarida, que vive nunha manda na que os elefantes son grises, comen herba verde, xogan na auga e durmen baixo as árbores, sen embrago as elefantas son de cor rosa caramelo, non comen herba verde, non xogan na auga e non durmen baixo as árbores. Teñen que estar nun xardín pechado con zapatos rosas, lazos rosas e comendo flores rosas. Margarida é gris, non consegue ser rosa por máis flores rosas que come e vivía moi triste ... ata que un día decide deixar os zapatos e os lazos rosas dentro do xardín e saltar o valado para ser libre e poder xogar, correr, saltar ou durmir.
Nas aulas axudounos a falar de igualdade entre nenos e nenas, a falar de emocións... e decidimos colorear cada un ao noso elefantiño ou elefantiña como máis nos gustou.







Comentarios
Publicar un comentario