PROPOSTAS DE LECTURA

 

Bo día amiguiños e amiguiñas!
Hoxe vos quero ensinar uns contiños que temos na biblioteca e que me gustan moito!

O valor dun obxecto reside na carga afectiva que ten, polo que ao longo do tempo adoita cambiar e o que pensábamos que non valía moito acábase convertendo en algo moi preciado, tal e como lle sucede á nena protagonista deste conto.

Había unha vez un oso que vivía nun bosque e que lle encantaba andar de paseo, botar sonecas ao pé do lago e coleccionar cousiñas que atopaba entre as árbores. Un día apareceu un ganapán no alto dunha rama. Que podería facer con iso? As bolboretas non teñen que temer. Anímaste a descubrir como segue esta fermosa historia?

Esta mañá aconteceu unha catástrofe!! Faltou unha galiña na chamada da mañán e isto provocou unha gran conmoción no galiñeiro. Acompáñame a averiguar que pasou!!

Ata pronto!






Comentarios