Bo día amiguiños e amiguiñas!
Hoxe vos quero ensinar uns contiños que temos na biblioteca e que me gustan moito.
A Cebra Camila decide non oír os consellos da súa nai, sae a rúa sen calzóns nin tirantes, e o vento lévase voando as súas raias. Dende ese momento, Camila emprende un camiño no que derramará 7 lágrimas, encontrándose con 7 animais que a axudarán a recompoñerse e superar a súa pena.
Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día, mamá galiña vai facer un biscoito e o pitiño vai buscar leña para encender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme que o quere comer, pero Cocorico consigue salvar a súa vida prometéndolle a metade da merenda. Pasado o peligro, o glotón de Cocorico olvida o trato e se come o biscoito enteiro.
Queredes escoitar a cantiga do conto de Cocorico? Aquí a tedes!
Comentarios
Publicar un comentario