Ola a todas e todos!!!
Gustaríavos facer plastilina caseira?
Pois hoxe vou a deixarvos unha "receita" para que experimentedes se vos apetece...
Precisaredes do seguinte:
- 3 tazas de fariña
- 1 taza de agua
- 1 taza de sal fina
- de 2 a 4 cucharadas de aceite (pode ser calquera que teñades na casa)
- Colorante alimentario (opcional)
Mesturades todo nun molde e amasades ben, comezade poñendo 2 cucharadas de aceite e ide engadindo máis se queredes que a masa de plastilina quede máis branda.
Por último (este paso é opcional), facede diferentes boliñas coa masa e botádelle colorante alimentario para darlle distintas cores. Se o facedes seguide amasando ata que deixe de manchar.
Para gardala o ideal é que o fagades nun recipiente de plástico ou en film plástico (ben pechado para que non seque), desta maneira disfrutaredes dela varios días.
Na escola, a plastilina encántalles aos nosos peques e cando poden xogar con ela fan cousiñas tan orixinais como as que ides ver a continuación.
Apertas!!!
Comentarios
Publicar un comentario