Boas amigos e amigas! Como levades o período de confinamento? espero que da mellor maneira posible.
Teño unha moi boa noticia que contarvos, como xa sabedes o noso CRA ten unha impresora 3D coa que facemos obraodoiros e actividades moi divertidas, pero durante esta época que nos toca quedar na casa pensamos que sería de moita axuda poñela a funcionar, polo que lle prestamos a nosa impresora a un cidadán de Tui e púxose ao traballo facendo pantallas para os sanitarios do centro de saúde de tui.
Aquí vos deixo unhas fotos da primeira remesa.
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario