DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Bos días amiguiñas e amiguiños!

Que tal o estades levando?

Hoxe veño para lembraros que é o Día Mundial da Saúde. Este ano, xa estamos máis que concienciadas e concienciados de que temos que coidarnos para poder ter boa saúde.

Por iso, lémbrovos que non vos esquecedes de lavar moito as mans! De ducharse moito, lavar os dentes... pero tamén coidarse comendo san, xa que unha alimentación saúdable axúdanos moito a ter moita enerxía para combatir virus coma o que está agora connosco!

Pero tampouco vos esquezades de que é moi importante ter a nosa casa limpiña para que así os virus non se poidan acercar a nós!

Por iso, aquí vos deixo un vídeo dalgunhas das miñas amigas e amigos coidándose nesta cuarentena!

Espero que vos guste!

E lembrade: QUEDA NA CASA!

Vémonos moi pronto!

#CRAMESTRACLARATORRESQUEDANACASA




Comentarios