Boas amigas e amigos!!
Teño unha moi boa nova que contarvos:
Este ano decidín comezar a viaxar para coñecer moitos lugares xeniais. Como teño que empezar pouco a pouco vou comezar visitando as casas dos nenos e nenas do 6º curso do CRA, xa que para o ano cambiarán de colexio.
Vou estar uns días en cada casa e cambiando duns lugares a outros, vai ser unha experiencia fantástica tanto para mín coma para os nosos nenos e nenas.
Xa os irei contando como vai a miña viaxe.
Por certo, mirade que bolsa máis bonita fixéronme dende a Asociación Avelaíña (A Guarda), encantoume.
Saúdos.


Comentarios
Publicar un comentario