Boas amigos e amigas!!
Este mes é un mes de moitas novas, novos proxectos e anuncios, xa que queremos compartir con vos as novidades do noso centro.
Este curso continuamos dende Bibliotecas escolares de Galicia no proxecto de "BIBLIOTECA CREATIVA" onde imos traballar, xogar e formarnos coa Impresora 3D, Robótica e ademais crearemos un recanto creativo na nosa biblioteca para facer experimentos, crear, xogar,...
Xa os irei informando das diversas actividades que imos a realizar con fotos das actividades, do recanto, dos xogos...
Se queredes saber máis déixovos o enlace da resolución de "Biblioteca Creativa", https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1244.
Un saúdo amiguiños e amiguiñas!

Comentarios
Publicar un comentario