"Pasacorredoiras", do músico Carlos Núñez, é un dos títulos das audicións que vos traemos hoxe, de parte dos nenos e nenas da aula de Baldráns.
Queredes escoitar como soa?
A eles gustoulle moito, e aqui podedes ver unha mostra do seu "traballo".
A outra, preséntannola os nenos e nenas da aula de Ribadelouro, que escolleron unha peza mais clásica e para piano, composta por Claude Debussy, en 1890, e que forma parte da Suite Bergamasque, titulada "Claro de Luna".
Ainda que eles, buscáronlle un novo título...
"Estrelas fugaces".
E vos... que título escolleríades??




Comentarios
Publicar un comentario