IMPRESIÓN 3D NA BIBLIOTECA


A semana pasada os nenos e nenas do CRA pasaron a mañá na SEDE.

Aproveitamos a visita e fixemos a presentación da "Impresora 3D" ao alumnado que ainda non tivera ocasión de vela.

A verdade é que xa sabían un montón sobre ela e tiñan moitas preguntas que facer.

Como eramos moitos houbo que organizarse en dous turnos, onde íamos vendo e inspeccionando a impresora.



Tiveron a ocasión de ver unhas pezas que o profesorado fixo de proba e de cómo traballaba a impresora mentres facía unhas moedas piratas.

Que xa sabedes que temos a Finky secuestrado, ¿non?

Pois esas moediñas as pintarán e levarán para a casa.

Xa vos contaremos mais.

Comentarios