POESÍA NA MÚSICA


Xa vos contamos que dentro dos proxectos que estamos a traballar este ano coa poesía, atópase a valoración das emocións que nos produce a música. 
Así que, aquí vos presentamos algúns dos "traballiños" que seguimos facendo!!
No mes de febreiro, a aula de Ribadelouro escolleu a canción de Queen "We will rock you"...


... ainda que eles decidiron titular como "Los locos guapos".


Na aula de Caldelas, escoitaron "Britonia", do grupo galego Luar na Lubre...

.

...moi concentrados e preparados!!...
        
 
Para o mes de marzo, os nenos e nenas de Pexegueiro, escolleron unha canción instrumental do grupo Mecano, titulada  "1917", que pertence ao seu álbum "Aidalai" (1991) e que mesturaron cun pouco de arte e pintura, para plasmar todo o que levaban dentro...


...e como non podía ser mellor, o resultado foi este!!...




Porque a música, é arte e poesía!!
 Non si??

Comentarios