O vindeiro venres día 11 de maio o alumnado do CRA, das aulas: Ribadelouro, Baldráns e Caldelas, participarán na IX Edición do Tui Lé. Actuaremos na segunda quenda que será a partir das 10:45h. A nosa actuación musical é unha adaptación do conto "A Festa no Faiado" de María Victoria Moreno, autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Ademáis, o noso alumnado participou na realización do cartel que se fai tódolos anos para esta xuntanza, mirade que bonito quedou!!
Esperámosvos!!


Comentarios
Publicar un comentario