Dende o CRA celebramos o 8 M Día da Muller (Women's Day) aprendendo sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres dende a visualización dun vídeo enviado por unha muller onde explicaba o seu traballo, xa que previamente pedíramos a colaboración da xente da contorna.
Posteriormente ao vídeo, falamos cós nenos e nenas de desbotar estereotipos ensinándolles que calquera, sexa home ou muller, pode ser o que queira.
Desta maneira, aproveitamos e aprendimos palabras de oficios en inglés e cada neno ou nena expresaba o que quería ser de maior, realizando uns Jobs’ Hats na clase.
Comentarios
Publicar un comentario