Ao longo do curso, o profesorado do centro asistiu a distintas formacións relativas á creación de materiais para o proxecto de biblioteca creativa. Divididos en equipos e cargados de ferramentas, cada quen organiza o seu plan.
O departamento de plurinfantil do centro decidiu converter en escornaconto un dos contos que traballou co alumnado: Brown bear, brown bear, what do you see? de Eric Carle. Isto é, tras ler o conto, propor unha serie de escornaretos, que resolver coa axuda do escornabot.
Aquí tedes unha mostra dixital do material que empregamos:
E por último vos deixamos unha pequena mostra audivisual de como se nos deu resolver os escornaretos...
Comentarios
Publicar un comentario