O venres 12 de maio desfrutamos dun obradoiro de xogos artesanais en galego na aula de Baldráns, na compañía de Brazolinda. Rotamos por un total de 12 xogos, todos eles pensados para pequenos grupos e favorecer o aprendizaxe cooperativo:
Deixamos fotos de algúns deles:
A veiga (+3 anos): o equipo ten que coidar unha horta, sementando, regando e apañando os productos na cesta. Coidado que non saian moitos animais, xa que se comen as verduras!
Carreira de caracois: en dous equipos, temos que tirar o dado de cores e xuntar os caracois da mesma cor. O primeiro que chegue á flor da súa familia gaña o xogo.
O barco equilibrista (+2 anos): debemos colocar as diferentes pezas na cuberta do barco buscando sempre o equilibrio.
Puzzles encaixables de diferentes animais.
Sen dúbida pasámolo en grande!
Comentarios
Publicar un comentario