Anxo Moure na biblio e un expurgo solidario

 Este ano foi un ano de cambios na nosa biblioteca. Tocounos desfacernos de moitos libros e contos para poder darlle a benvida a novos materiais e a un espazo da biblio máis luminoso, amplo e versátil. Foi por iso que a apertura deste espazo tivo que demorarse ata o mes de febreiro. 


A segunda parte deste cambio viu a luz o 18 de maio. Todos os exemplares expurgados que estaban en bo estado formaron parte dunha acción solidaria na que intercambiamos os contos por comida para a asociación SOS Tomiño.



Ademais, ese día contamos con Anxo Moure, que nos trouxo o seu contacontos "O pescador de contos e xacia Luviñas". Tróuxonos a barca e o burriño e incluso botamos un baile no patio!!!






Por último, deixámosvos un conselliño que Clara Torres lle deu no seu día ao noso amigo Anxo Moure: "tedes que ser felices"


Que ben o pasamos na biblioteCRA e que bonita está chea :)



Comentarios