Unha misión especial

Ao longo desta semana levamos a cabo unha misión especial!!!!! O mércores é 8 de marzo e queremos saber que pasa ese día... Para iso o equipo do CRA, preparou distintas actividades, que nos axudan a entender que conmemoramos esta data.

A cada aula chegaron, pensamentos de cor lila... Pensamentos de igualdade, que hai que coidar e regar para que medren... 


Contamos o conto... O país dos mandóns... Menuda leria de país!!!

Coñecemos a 6 mulleres galegas que foron e son un referente para tantas outras mulleres e nenas. Xogamos a atopalas!!


E levamos unha de recordo para casa...

Non o esquezades... Cada 8 de marzo temos unha misión especial!!!

Comentarios