As novas voan, e nas nosas auliñas aproveitamos esta Semana da Prensa para comunicarnos entre nós dun xeito diferente. Escribimos cada aula unha nova para compartir e houbo de todo: plantas que levou o temporal, colleitas da horta de inverno, cabanas de vimbios no patio, as novas trunkis...
Cada neno e nena do cole levou o seu exemplar para casa, todo un éxito!
Ademais houbo aulas nas que o papel de periódico tomou outra forma, aproveitándonos del para facer instalacións e diferentes traballos de creatividade e manualidades
Comentarios
Publicar un comentario