O día da paz en Baldráns estivo cargado de significatividade e sentimento. Traballamos co conto La coleccionista de palabras, que nos brindou exemplos do rica que pode ser a nosa lingua á hora de dicirnos palabras bonitas.
Para chegar a facer o noso produto final, fixemos unha rutina de pensamento (vexo, penso, pregúntome), falamos da necesidade de facer unha convivencia pacífica na aula, limos o conto, utilizamos o escornabot para afianzar a comprensión do conto, e por último cada unha e cada un tomou nota das palabras bonitas coas que quería agasallar ao mundo.
Rematamos colgando todas esas palabras, expresadas de diferentes maneiras nunha rama que aproveitamos da poda da zona.
Comentarios
Publicar un comentario