A comezos de decembro nas aulas do CRA traballamos para concienciarnos das riquezas e da importancia das diferenzas entre as persoas. Para isto empregamos dous libros e visualizado de curtometraxes:
"El cazo de Lorenzo" de Isabelle Cartier
Lorenzo é un neno especial, que dende sempre leva consigo un cazo que o limita e lle da problemas. Sentirse querido e seguro de sí mesmo fai que o cazo xa non resulte un problema, superando así as barreiras que se lle presentan cada día.
"Por cuatro esquinitas de nada" de Jerome Ruillier
Cuadradiño quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños pero non pode pasar pola porta, xa que é redonda e sempre tropeza. Tras buscar opcións, comprendemos que Cuadradiño é diferente, e o que ten que cambiar non é el, senon a porta da casa grande.
Para rematar, disfrutamos facendo un mural tod@s xunt@s!
Comentarios
Publicar un comentario