Hoxe queremos contarvos cousiñas nas que andamos traballando o profesorado do centro. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha formación específica para CRAs, escoitando e compartindo experiencias con outras escolas como a nosa, coas súas particularidades, aprendendo das dificultades que se atopan e como as afrontan.
Na xornada de onte celebramos unha sesión de boas prácticas, na que participou, entre outros CRAs, a dire da nosa escola. A súa intervención titulouse: Sinerxias de colaboración, que versou sobre a importancia de colaborar coas entidades e persoas da nosa contorna: concello, comunidades de montes, asociacións, veciñanza, etc.
Por último, presentou brevemente algúns dos proxectos que se levaron a cabo dende a escola e nos que fixemos chamamentos e invitamos a participar co noso alumnado a distintos colectivos da nosa contorna: as mulleres de Tui (para desbotar estereotipos de xénero), as persoas maiores que quixeran vir moverse co noso alumnado, as familias que participan nun proxecto de 53 horas ao aire libre, etc. Todo isto, sen esquecer as distintas entidades que nos apoiaron e que fan que moitos dos nosos plans co alumnado sexan posibles!
Grazas por colaborar co CRA! Grazas polo voso esforzo!
Comentarios
Publicar un comentario