Hoxe lemos un conto moi especial: Kiko y la mano. Esta contada é resultado dunha formación que tivo lugar no noso centro. Hai dous meses o profesorado asisitiu a unha formación sobre abuso sexual e maltrato infantil, da man de AMINO e POÑENDO OS LENTES, ambas asociacións traballan para a protección da infancia.
Grazas ao material facilitado puidemos levar a cabo nas nosas aulas unha sesión na que contamos o conto Kiko y la mano, onde aprendemos que ningunha man nos pode tocar contra a nosa vontade, e se nos toca non temos que gardar o segredo.
Tralo conto e unha breve reflexión adaptada á inocencia do noso alumnado, tivemos uns minutos para colorear a Kiko. Este foi o resultado:
Agardamos que vos guste!!!
Comentarios
Publicar un comentario