Día do libro

 

Bo día amiguiños e amiguiñas!

O pasado 23 de abril conmemorouse o día do libro, e os nenos e nenas do CRA festexámolo durante semanas facendo unha morea de actividades!

Fixemos xerras literarias, na que os nenos/as elaboraron unha xerra con elementos do seu conto favorito.


Tamén fixemos un xogo chamado: quen son? no que acudimos á clase caracterizados cun accesorio do noso personaxe literario favorito.



Por último, deixamos voar a nosa imaxinación co xogo "Ti debuxas, nós adiviñamos!", onde os nenos/as fixeron debuxos sobre un conto que lles gustara moito, e os demáis tiñamos que adiviñar de que conto se trataba.










Cómo nos gusta ler! Que ben o pasamos! 😊

Comentarios