Vivir sen pantallas é posible. Atent@ ás normas!
Para conmemorar o Día Internacional da Saúde dende o Cra Mestra Clara Torres enfocámolo cara a saúde mental e relacionámolo coas novas tecnoloxías. É moi importante concienciar á rapazada e ás súas familias da importancia do bo uso das novas tecnoloxías e a súa repercusión. Para iniciar o tema, aportamos uns vídeos educativos:
O primeiro que se titula: “A repercusión das pantallas na atención dos máis pequen@s” e o segundo: “@s nen@s e as novas tecnoloxías”
A continuación, se queredes que os vos@s cativ@s experimenten coas novas tecnoloxías, unha boa opción sería orientalos ao movemento. Así, vos deixamos algúns exemplos:
https://www.youtube.com/watch?v=0jLhuKs_t5g&t=1s
https://www.youtube.com/watch?v=ymigWt5TOV8
https://www.youtube.com/watch?v=AlZeLejiuio
Unha actividade moi interesante a facer cos peques na casa para pasar un bo rato en familia, sería xogar a xogos de mesa. Por iso, aquí tendes unha relación de xogos axeitados á etapa de infantil.
E para máis información consultade na nosa biblioteca da nosa Sede!
Juego de reconocimiento táctil
Tangramini
¡No asustes a la abuela!
Caperucita Roja
Bingo Memo Dominó
Imaginary Fauna. Camello, cocodrilo, elefante
¡Wauu!
Blocks de construcción
Bella Durmiente Deluxe
Balance Beans
Yoga Spinner Game
Little Cooperation
Camelot Jr
Tangram
Atelier Energie Solaire
Primo Mosaic
Dobbie
Monos Locos
Imaginary Fauna. Pez
Blancanieves Deluxe
Formas
Chimie Chemistry
Trucky 3
Mouster math scale
Ze tota Mimo
Ze Gedanimo Blocks
Discovery Mindblown
Dominó Triangular
Colour Code
Maletín Magnético
Batalla de genios
Animo dice
Los tres cerditos
Activity Math cubes
Circuit Magique
1. Tarde de cinema
Que o teu nen@ elixa unha película e prepare o salón coma se fose unha sala de cinema. Pode deseñar o cartel da peli, as entradas e os recipientes dos flocos de millo.
2. Circuito
Elabora un circuíto que lles obrigue a agacharse ou gatear para pasar por baixo das cadeiras ou dalgunha mesa. Favorecerá o desenvolvemento das súas habilidades motoras.
3. A carretilla
Pon ao nen@ boca abaixo sobre unha alfombra, agárralle as pernas e deixa que camiñe coas mans. Non o empurres!
4. O teléfono
Une a parte de atrás de dous recipientes baleiros de iogur cun fío e comunícate co teu nen@ con este teléfono caseiro.
5. Carreira de obstáculos
Coloca varios xoguetes de forma irregular ao longo dun corredor. O nen@ terá que esquivalos o máis rápido posible mentres lle cronometras.
6. Pizzero por un día
Pide ao teu nen@ que che axude a colocar e distribuír os ingredientes nunha masa de pizza preparada ou feita por vós.
7. Colar de macarróns
O nen@ terá que pintar varios macarrones e, unha vez que estean secos, unilos cunha corda.
8. Plastilina caseira
Busca a receita de plastilina caseira comestible en SaposyPrincesas. com e a deixar voar a imaxinación.
9. Escritura creativa
Dálle varias fotografías de distintos momentos familiares ou recortes de revistas. O nen@ terá que ordenalas ao seu gusto e inventar unha historia a partir das imaxes.
10. Estampaxe con cortizas
Dálle ao nen@ varias cortizas de botella. Terá que bañar os seus extremos en pintura e estampalos sobre un folio para facer unha orixinal obra de arte.
11. Birlos DIY
Para pasar unha tarde na boleira non necesitas saír de casa basta con dispoñer dunhas cantas botellas de plástico baleiras e unha pelota de tenis.
12. Caixas de ovos de cartón
Recicla todas as caixas de ovos que teñas en casa e deixa que o nen@ as pinte, engádalles ollos e patas, e elabore os seus mellores deseños.
13. Marcapáxinas
Con cartolinas de cores, terá que deseñar os seus propios marcapáxinas e, despois, regalar algúns e colocar outros nos contos que estea a ler.
14. Tea de araña
Coloca varias cadeiras en círculo e enreda sobre elas un nobelo de la formando unha tea de araña. O nen@ terá que desfacela.
15. Maracas
Recicla dous envases de iogur e deixa que o nen@ os decore e encha de arroz uno deles. A continuación, axúdalle a pegar un con outro.
16. Sesión de fotos
Deixa que os nen@s organicen a súa propia sesión de fotos e retraten aos seus bonecos e xoguetes favoritos dunha forma orixinal.
17. Chef e pique
Pídelle que che axude a preparar a comida, lavando a verdura e exercendo de pique de cociña.
18. Campamento
Con sabas constrúe unha cabana onde poida ler cunha lanterna coma se estivese de campamento.
19. O peto
Con caixas de cartón e cartolinas, o nen@ poderá deseñar un peto para gardar os seus aforros.
20. Basket en casa
O nen@ terá que encestar bólas de papel nunha papeleira baleira, mantendo certa distancia. Desenvolverá a súa puntería e motricidade.
21. Reciclar tubos de papel hixiénico
Garda todos os cartóns de papel hixiénico que teñas en casa e dállos ao nen@ para que os pinte, engádalles ollos e orellas, ou faga unha grilanda con eles. Imaxinación ao poder!
22. Colage
Sobre unha folla ou cartolina grande debe facer a súa propia obra de arte cortando e pegando anaquiños de cartolinas de cores ou teas.
23. Teatro en vivo
Deixa que elixa o seu personaxe favorito e prepare unha obra de teatro para a familia. Os avós poden velo por Skype.
24. Xardineir@s
Plantade en cascas de ovo sementes de arroz, lentellas ou xudías e coidádeas para velas crecer.
25. Pasta de sal
Mestura nun cunco unha cunca de sal, unha cunca e media de fariña e auga para obter a pasta de sal e moldeala ao gusto para facer figuras.
26. Diario
Cada día debe escribir ou debuxar nun caderno algo interesante ou orixinal que vos ocorrera durante a xornada.
27. Tinta invisible
Ensínalle a escribir mensaxes secretas con tinta invisible (elaborada con zume de limón).
28. Árbore familiar
Dálle varias fotografías todos os membros da familia. Terá que recortar as caras e facer a súa árbore xenealóxico.
29. Lapis e papel
Proponle xogar ao Tres en raia ou a Afundir a frota. Consulta na nosa web moitos máis xogos con lapis e papel.
30. Prensa en casa
Saúde, familia, veciñanza… Propón ao nen@ que elixa as súas propias seccións e que elabore un xornal ao seu gusto, escribindo e debuxando as experiencias que está a vivir en forma de noticia.
Por último, deixarvos algo de lectura formativa para a familia e docentes que pode resultar interesante se vos queredes introducir no tema:
Escuela de padres 3.0: Guía para educar a los niños en el uso positivo de Internet y los smartphones.
Empantallados: Cómo convivir con hijos digitales.
Esperamos que esta información sexa do voso agrado e vos sirva para APAGAR UN POUQUIÑO MÁIS AS PANTALLAS!
VÉMONOS AXIÑA!
Comentarios
Publicar un comentario