NOVIDADES

 

Bo día amiguiños e amiguiñas!
Hoxe quero ensinarvos uns contos e libros novos que chegaron a nosa biblioteca e que me gustan moito.

Educar con inteligencia emocional
Este libro aporta algunhas claves para aprender a comunicarse cos fillos/as nun nivel máis profundo e gratificante, e a asistirlles á hora de sortear con éxito o intrincado laberinto das relacións cos demáis.

There was an old lady who swallowed a fly
Preséntovos este conto en inglés no que hai unha señora coma ningunha outra, que se tragou unha chea de animais!

                                    A BAÑARSE!
Os máis cativos teñen que se enfrontar por primeira vez a algunhas situacións que non comprenden, lles dan medo ou os poñen nerviosos. Asimilar novos hábitos forma parte da súa aprendizaxe diaria.


                             Ata pronto!

Comentarios