Antes das vacacións de Nadal, estivemos cociñando un pouquiño. De novo, levamos a cabo unha receita típica da nosa zona nestas festas, pero comprobando como se pode elaborar de xeito un pouco máis saudable.
As nosas filloas estaban feitas con fariña de avea, leite de avea, ovos, sal e canela. Como recheo empregamos froita picada e iogurt.
Uns días despois, lembramos os ingredientes que empregamos na receita, facendo unha pesca en fariña. O máis divertido foi que acabamos ben rebozados.
Comentarios
Publicar un comentario