Boas Boas FinkyFanáticos


Como sabedes, o pasado 8 de Marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller



Levamos traballando todo o curso a través do noso Contrato Programa Iguála-T centrado en conseguir unha igualdade real, libre de estereotipos de xénero.

Despois de traballar dende Amelia Earghart, pasando por Olimpia Valencia, Clara Campoamor, Rosalía de Castro, Venus e Serena Williams, sen esquecer a María Montessori, Emilia Pardo Bazán, Hedy Lamarr, Jane Goodall.... 

Os nosos pequeneiros e pequeneiras quixeron homenaxear ás mulleres máis importantes da súa vida... AS SUAS NAICIÑAS!!!!

Deixámosvos aquí a nosa homenaxe, esperamos que vos guste!!





Ata a próxima, escoitámonos nas ondas!!


Comentarios