Nos meses de novembro e decembro tivemos o pracer de participar nunha formación sobre prácticas restaurativas, totalmente descoñecidas para nós. Estas prácticas axudarannos a construír vínculos máis fortes na familia e na escola, a reducir as reaccións violentas e fomentar empatía, ingredientes indispensables para unha mellor convivencia.
Unha vez rematada esta formación, estamos traballando en reunións para materializar e levar ás aulas o aprendido.
De agora endiante, chegaranvos novas sobre as distintas dinámicas que terán lugar nas nosas aulas... Mentres tanto, deixámosvos unha pequena pílula informativa sobre as práticas restaurativas.
Comentarios
Publicar un comentario