Bo día a todos amiguiños e amiguiñas!
Coa chegada do outono, os nenos e nenas de Ribadelouro fixeron esta actividade, a cal lles serviu non só para traballar as árbores e os cambios que teñen lugar nelas ao longo desta estación, senón tamén para coñecer a Van Gogh e algunha das súas obras máis importantes, entre elas "Xardín de outono".
Por último, engadir que esta actividade inclúe a reciclaxe dado que para a súa confección utilizouse a cazola de barro da famosa tarta de San Telmo de Tui.
Esperamos que vos guste
Ata pronto!
Comentarios
Publicar un comentario