NOVIDADES

 

Bo día amiguiños e amiguiñas!
Hoxe quérovos ensinar uns contiños que temos na biblioteca e que me gustan moito!

El mundo de las emociones
A intención deste libro é ofrecer unha lectura coa que poidas ir e vir, cara fóra e cara dentro; no que conectes coas túas vivencias, e na que encontres tamén información para acompañar a outras persoas nos seus procesos emocionais. 

Ventos de pánico para Rosario
Sexamos maiores ou pequenos, todos temos un armario cheo de emocións no noso corazón. Dormen dentro de nós coma sementes, e o pánico é unha delas.
Velaquí está como espertaron eses ventos no corazón de Rosario.

Pete the cat. I love my white shoes
Pete compra uns zapatos brancos que lle encantan, pero a medida que pasea tropeza con dificultades que van teñindo dunha e doutra cor seus zapatos brancos. Pete afronta os cambios e segue cantando a súa cantiga!


Esperamos que vos gusten.
Ata pronto!






Comentarios