Durante os primeiros meses de curso, arrancamos a traballar a alimentación saudable coñecendo un produto típico da nosa zona, O MILLO.
Na aula estivemos desfollando e debullando as mazorgas, moendo os grans de millo e amasando a fariña.
Tamén aproveitamos para lembrar todo o proceso empregando a robótica.
E finalmente, na aula de Guillarei,
elaboramos e probamos o pan de millo. Quedounos riquísimo! 😋
Comentarios
Publicar un comentario