ECOLOXÍA E SAÚDE 1

 Comezamos o terceiro trimestre preocupados polo planeta como ten que ser! Así que, como xa contamos nun post anterior, apuntámonos á campaña da deputación REVITALIZA e comezamos a usar composteiros nas aulas.

https://bibliotecamestraclaratorres.blogspot.com/2021/06/alimentate-ben-horta-escolar.html

Tamén aprendemos unha canción das tres R:

CANCIÓN REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

E escoitamos o conto da Árbore da Escola, e aos poucos días recibimos un paquete nas aulas cunhas sementes.

Despois de pensar e pensar...decidimos facer unha casiña con xardíns e balcóns para que viñeran os paxaros. Os resultados foron espectaculares...



Agora toca cuidar o xardín para que siga así de fermoso.




Comentarios