Queridas familias:
A Consellería de Sanidade presentou o portal web "Xanela aberta á familia", unha canle de información que nace para asesorar a pais e nais na crianza de nenos e nenas de todas as idades, e na procura do benestar de toda a familia.
Todos os servizos desta plataforma son gratuítos porque é dunha entidade pública, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
"Xanela aberta á familia" é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional.
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación "O ABC do consello alimentario na infancia". Esta guía achega información, ideas e estratexias para a cadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.
Para máis información:
Portal web de "Xanela aberta á familia": https://vida-saudable.sergas.gal/
Comentarios
Publicar un comentario