Un novo amigo: Pete the cat!

Hoxe vos presentamos a... Pete the cat!! Acompañounos nestas últimas semanas. Aprendemos a súa historia. Cando Pete vai de paseo tropeza con algo e cámbianlle de cor os zapatos!!! Polo que aproveitamos para xogar con el, cambiarlle os zapatos ao noso gusto e compartilo co grupo. Mesmo elaboramos un "Pete propio" para poder levar a casa. Todo baixo a supervisión do mismísimo Pete!!!


Comentarios