Ola a todos e todas!!
Unha das cousas que máis nos gusta facer no CRA é probar e experimentar ... así aprendemos e a diversión está asegurada.
Un dos últimos experimentos que fixemos foi fabricar unha fonte cos seguintes obxectos:
- botella
- globo
- palliña
Decoramos a botella como máis nos guste e a través dun buratiño introducimos a palliña (importante que o burato sexa do tamaño da palliña para evitar escapes de aire). A continuación botamos auga na botella sen enchela por completo e colocamos na parte da boquilla o globo inflado pero sen atar, axustándoo á boquilla da botella.
E....que descubrimos con este experimento?
Pois que a botella ten auga pero tamén ten aire e cando colocamos o globo cheo de aire na boquilla este aire exerce presión sobre a auga conseguindo así que a auga saia para fora, como si se tratase dunha fonte.
Comentarios
Publicar un comentario