XOGAMOS E APRENDEMOS!

Ola a todos e todas!! 

Como xa vos contei fai algún tempo, unha maleta con xogos e materiais de Biblioteca Creativa anda a pasear de aula en aula. Tras a primeira rolda da maleta creativa polas aulas, introducimos xogos diferentes para que os peques do CRA poidan coñecelos...

Hoxe contaremos cousiñas acerca deses xogos e veremos o ben que o pasan os peques con eles.

 CAMELOT JR.

Un dos favoritos en todas as aulas, consiste en superar unha serie de retos (de dificultade crecente) para conseguir que o cabaleiro e a princesa estén xuntos construindo un castelo tridimensional. Ademáis de xogar, traballamos a observación, a coordinación ollo-man, percepción espacial, razoamento lóxico e resolución de problemas.




 

Dígovos unha cousa, desta escola van saír uns estupendos arquitectos!!


LITTLE COOPERATION


Este é un xogo coperativo no que todos gañan ou todos perden, non hai equipos, do que se trata é de "xogar en equipo" para salvar aos animaliños que se atopan atrapados nunha placa de xeo e queren volver ao seu iglú. Deben cruzar unha ponte pero, ollo, porque os piares da ponte poden ir rompendo e os animais poden caer á auga ... 






Contovos un segredo? Os nenos e nenas do CRA saben xogar moi ben en equipo e consiguen salvar aos animais case sempre 😉

Apertas!!!




Comentarios