NOVIDADES!

 


Bo día amiguiños e amiguiñas!
Chegaron contos novos á biblioteca que están esperando por vós!


Este conto nos fala dun chícharo que quere ser diferente ao resto dos que vivían na sua mesma planta. Aquel chícharo non quería ser igual que os seus compañeir@s e un día decide marchar e recorrer o mundo. Acompáñalo?

Tes que sacar todas as túas habilidades de explorador/a e atreverte a recorrer os laberintos máxicos que encontrarás neste libro!


Na casa do lobo sempre hai sopa para cear, pero unha noite chama a súa porta unha ovella que está perdida. O lobo empeza a planificar un delicioso guiso, pero a ovella non quere convertirse en comida, ela o que quere é ser súa AMIGA!


Madlenka é una nena que vive en Nova York a que lle vai caer un dente, e recorre toda a mazá 
contándolle a noticia a todos os seus veciños!

Ata pronto!



Comentarios