O PEIXE ARCODAVELLA

 Ola a todos e a todas!!!

Hoxe quero falarvos sobre un conto que estivemos a traballar en todas as aulas do CRA nos últimos meses. 



 


Lonxe, en mar aberto, vivía un peixe.

Pero non era un peixe calquera.

Era o peixe máis bonito de todo o océano.

O seu vestido de escamas brillaba

con todas as cores do arco da vella.




Así comeza a historia do Peixe Arcodavella, unha historia que nos axudou a comprender que o feito de ter de todo non nos fai máis felices se non temos con quen compartilo, aprendimos a importancia de tratar ben aos demáis e o marabilloso que é ter amigos.

Aos nenos e nenas gustoulles tanto que tod@s quixeron facer o seu propio Peixe Arcodavella, e como son uns artistas esforzáronse moito e ... quedaron chulísimos!!







Ata a próxima!!

Apertas



Comentarios