CARTA AOS REIS MAGOS

 Moi bo día a todos e todas!

Acércase o momento de escribir a carta aos Reis Magos e quero mandarvos algunhas recomendacións interesantes para pedirlles na carta e poder desfrutar xogando xuntos nas vosas casas.

Nunca debe faltar un libro, un deses contos que pode converterse no favorito dos nenos e nenas, pero, ademáis, sempre é unha boa idea incluír na carta dos Reis un xogo divertido. 

Na biblioteca do CRA temos varias opcións que son todo un éxito cando viaxan polas aulas e o mellor de todo e que mentras xogan aprendemos e melloramos o razoamento, as habilidades espaciais, o inxenio, a lóxica, resolución de problemas... 

 

CAMELOT JR. Neste xogo temos que constuir un castelo tridimensional a través de diferentes retos.





LOS 3 CERDITOS. Neste xogo temos que axudar aos cerditos a escapar do lobo.


Estes son soamente dous exemplos pero existen moitos xogos deste tipo que vos van a gustar moito.

Cóntovos un segredo?? Os adultos tamén o pasarán xenial xogando!

Apertas!



Comentarios