Ola a todos e a todas!
Recordades que vos contei que a maleta de Biblioteca creativa comezaría a viaxar polas aulas?
Pois ben, xa pasou por Caldelas e Ribadelouro e agora está en Baldráns para que as nenas e nenos desa aula poidan desfrutar cos xogos que viaxan no seu interior.
Hoxe preséntovos un dos xogos que máis lles gusta a todos, trátase de ¡WAUU!, de Hervé Tullet da editorial Kókinos.
É un xogo de cores e lóxica, os xogadores deben colocar as fichas nas cartulinas seguindo unha secuencia lóxica, unha combinación ou un ritmo de cores. Hai moitas formas distintas de xogar e ás veces hai varias solucións posibles.Dende logo, un dos grandes éxitos da maleta de Biblioteca creativa!
Ata pronto!!!
Comentarios
Publicar un comentario