Biblioteca Creativa

 


Moi bo día a todos e todas!

Hoxe veño a falarvos do noso Proxecto "Biblioteca Creativa". 

Dito proxecto promove todo tipo de actividades que fomenten a investigación, a experimentación, a robótica, o pensamento e a lóxica matemática... Para iso, na biblioteca escolar temos multitude de xogos de razoamento matemático, libros con moitas ideas para facer experimentos ou os simpáticos escornabots.

Todos estes materiais viaxarán este curso de aula en aula para que os nenos e nenas poidan seguir investigando e aprendendo grazas á Maleta de Biblioteca Creativa.

Dende aquí irei mostrando o que se traballa nas diferentes aulas e, de cando en vez, propoñerei algunhas actividades que poderedes facer vós na casa.

Saúdos!!

Comentarios