Ola amigos e amigas!
Como estades a pasar as últimas semanas deste curso tan raro? Espero que moi ben.
Hoxe vouvos ensinar unha morea de fotos e vídeos que nos enviaron os nosos nenos e nenas do CRA realizando as Misións dos Gardiáns do saber do día 4 de Xuño, deixovos aquí o link por se non as recordades.
Na primeira e segunda misión tiñan que escoitar o audio conto "TAM TIM TOM", e despois escribir o nome completo dos 3 irmáns. Aquí está o resultado.
Na terceira e cuarta misión tiñan que contar os electrodomésticos da súa casa e decir para que serven e por último facer un vídeo ou unha foto coa actividade doméstica que máis lle gusta facer. O resultado é xenial
Comentarios
Publicar un comentario