FIN DE CURSO 2019/2020

Ola nenos, nenas e familias do CRA!

Hoxe remata o curso para todos e todas, un curso que foi un pouco especial, pero que desfrutamos moito, e  ademais fixemos unha morea de cousas  moi divertidas, tanto no cole coma nas nosas casas.

Para algúns e algunhas de vos non só remanta un curso se non tamén unha etapa, xa que para o curso que ven os iredes a outros centros, como decides vos, "ao colexio de maiores".
Dende o CRA esperamos que esta nova etapa estea cargada de cousas fermosas, de novos aprendizaxes, faredes novos amigos e amigas,... vai ser xenial.

Para os que o ano que ven ides a seguir no CRA , xa temos moitas ganas de veros, de volver as aulas e poder abrazarnos de novo e comezar novas aventuras; pero antes de que iso suceda temos o verán polo medio. Un verán diferente pero que desfrutaremos igual coas nosas familias e amigos.

Todas as mestras e eu queremos desexarvos un BO VERÁN, cargado de cousas maravillosas e novas vivencias. 
Desfrutade das merecidas vacacións, vémonos pronto.

Moitos bicos e abrazos.
FINKY

Comentarios