AVELINOteCRA

Ola amiguiños e amiguiñas! como estades?
Como xa sabedes xa quedan poucos días para o remate do curso e comezar coas desexadas vacacións de verán.

Dende o CRA estivemos pensando como facer para que os nosos nenos e nenas poidan seguir collendo libros da nosa biblioteca coa "nova normalidade"... despois de moito cavilar xa o temos!

Coa colaboración e axuda do "BAR AVELINO" (o bar que está oa lado da nosa biblioteca) podedes seguir collendo libros, sabedes como? 
Pois deixamos dúas caixas cunha morea de libros no Bar e alí poderás recollelos para ler nas vosas casas. 
Unha vez devoltos serán desinfectados para que outros nenos e nenas podian tamén levalos.

Espero que vos guste a noticia, xa non hai excusas para non ler no verán.

Un saúdiño





Comentarios