XOGANDO, EXPERIMENTANDO E PENSANDO!

Atrevédevos a ser científicas e científicos?
Ánimo! Aí van as propostas:
E se queredes xogar cun xogo que fomenta a coeducación e a igualdade aí vos deixo un xogo:

 Agora toca o experimento do mes!
Proposta PLANTA QUE MEDRA NUNHA CAIXA DE CD
Recursos:
-Caixas de CD baleiras
-Sementes de lentellas, xudías, guisantes, trigo,...
-auga
-rotuladores para ir escribindo as partes da planta a medida que vaian medrando
Procedementos:
1.abrimos a caixa de CD e as bisagras deben quedar na parte superior (arriba)
2.botar terra e introducir a semente máis ou menos pola mitade.
3.selar a parte inferior con cinta adhesiva para que non saian as raíces.
4.regar cun contagotas polos buratiños da parte superior 
 En menos de 2 semanas teremos unha fantástica e fermosa planta!
Deixádeme a vosa valoración na biblioteca!



Comentarios