"A XIRAFA CHUFA E OUTROS ANIMAIS"


Ola amigos e amigas!

Sábedes quen é a Xirafa Chufa? 
Falamos dela nas Misións do 4 de Maio, onde unha das misións era debuxar a Xirafa Chufa coa axuda dun vídeo. 


Pero a Xirafa Chufa non foi o único animal que o noso alumnado debuxou, xa que a Mestra Mari ensinoulles a debuxar utilizando as mans como plantillas e que lles puxeran nome as súas creacións. 
Os resultados dos debuxos son xeniais; como digo sempre uns auténticos artistas. 



Un saúdo

Comentarios