TRABALLANDO A MOTRICIDADE FINA


Ola amiguiños e amiguiñas! 

Estou moi contento con todas as fotos, grabacións, e vídeos que lle mandades as titoras para que vexamos o ben que estades e as cousas tan fermosas que facedes nas vosas casas durante o confinamento coa axuda das vosas familias.

A semana pasada os nosos nenos e nenas tiñan que facer unha manualidade e despois meter un cordón para traballar a motricidade fina, aqui vos deixo un vídeo para que vexades que marabillas fixeron os nosos pequenos e pequenas.

Un saudiño, Finky


Comentarios